Aurora López Pérez, nace en Albarellos de Monterrei, Ourense, no 1971, fórmase con diversos cursos de dibuxo e pintura tanto en Galiza como en Madrid. No ano 1999 chega o mundo da animación 2D formándose e desenrrolando o seu traballo dentro do campo da animación o longo de varios anos na productora Limaia produccions. Apartir do ano 2006 comenza impartir cursos de animación 2D, dentro das actividades organizadas pola conselleria de familia e igualdade de la “Junta de Castilla y Leon“. Imparte talleres para nenos de ilustracion dentro do programa de actividades para a feira do libro de Vigo de 2007.
Simultáneamente realiza traballos de deseño gráfico para institucions oficiales como a Diputación de Lugo realizando ilustracions de fauna e flora. Ademais de traballos para distintos concellos relacionados coa ilustración de folletos, carteles, etc. Realiza traballos de deseño gráfico para empresas privadas relacionadas co sector vitivinícola.
No ano 2002 colabora con Annistia Internacional na ilustración para o libro editado por dita organización “No estas solo”, e en este ano 2010 volve a colaborar con eles no libro pola defensa dos dereitos das mulleres en “ Camiñan descalzas polas rochas”.
No ano 2009 publícase o libro de Manuel Mandianes “ Raposiño e o Cego” con ilustracións súas, quedando finalista en Italia do premio internacional “Constantino Nigra“.
Ganadora de varios concursos, como o organizado por o consello regulador da denominación de orixe do viño de Monterrei para o deseño da sua etiqueta identificativa, en 2009 tamen resulta premiada no “VII Concurso de deseño e presentacion de viños de Galicia” co primer premio por “Fhater 1943”. Asi como varios concursos de carteis anunciadores de festas tan significativas como os entroidos de diversas cidades de Galicia, ou o da festa da “Istoria” de Rivadavia.
Algunhas das súas obras son adquiridas por a Xunta de Galicia e a Diputación de Ourense
Realiza en toda a sua vida profesional ata a actualidade diversas exposicions de pintura, tanto en solitario como acompañada de colectivos dos que forma parte como “Valarte“, en museos como o “Museo Municipal” de Ourense. No ano 2012 é finalista do concurso de carteis
Francisco Mantecón de Terras Gauda.